Luns. 14.10.2024
El tiempo

Henrique Monteagudo presenta o seu novo libro na casa

Monteagudo presentacion libro lingua muros
Henrique Monteagudo presenta o seu novo libro na casa

A Fábrica de Sel acolle este venres 20 de maio a presentación da nova publicación de Henrique Monteagudo. O académico muradán estará acompañado de Graciela Castro, normalizadora lingüística do Concello de Muros, para explicar de onde ven o libro “O idioma galego baixo o franquismo. Da resistencia á normalización”, editado por Galaxia

A obra supón unha continuación de “Historia social da lingua galega” céntrase na época franquista e o proceso de castelanización que sufriu a nosa lingua.

Comentarios