Venres. 29.03.2024
El tiempo

A hostalería de Muros sae ás rúas para pedir un rescate

Plan Rescate Hostaleria Muros
A hostalería de Muros sae ás rúas para pedir un rescate

Este mércores 10 ás 19:00h, a Asociación de Hostalería e Turismo Concello de Muros convoca unha concentración diante do Concello. Unha concentración ruidosa, no marco das mobilizacións que levan tendo noutros concellos da Barbanza, compaxinadas pola Asociación de Compostela.

Baixo o lema “Salvemos o Emprego na Hostalería Galega”, piden un “rescate”, “Axudas Directas”, pois “seguimos cargando a mochila cando xa estamos nunha situación tremendamente asfixiante”.

Eloi Fdez. Cabana saca só un asunto positivo de todo isto, e é a unión do sector. “Todo isto serviu de estilete para formar a asociación, e polo menos cando todo pase que non se vexa máis a desunión, e que sirva para poder dar un servizo de mellor calidade”.

Como manifestarse

Dende a organización ofrecen, facendo valer o dereito de manifestación, a todo o que queira achegarse a apoiar a manifestación, un documento (a “patente de corso”, sinalan con retranca) para xustificar o salto de peches perimetrais. Poden poñerse en contacto con Eloi Fernández Cabanas no 666 47 60 89.

Iso si, piden que se respecten as medidas de seguridade, como o uso de máscara, a distancia de seguridade, e a colaboración cos servizos da orde. Piden tamén levar cazos, tixolas ou semellantes… para facer ruído.

Novas relacionadas

Comentarios