Luns. 09.09.2024
El tiempo

O IES Fontexería de Muros amplía a súa oferta co Ciclo Formativo de Grao Superior de Mantemento Electrónico

Tríptico CS Mantemento electrónico_Exterior IES Fontexeria
O IES Fontexería de Muros amplía a súa oferta co Ciclo Formativo de Grao Superior de Mantemento Electrónico

O IES Plurilingüe Fontexería vén de ampliar a súa oferta educativa co Ciclo Formativo de Grao Superior de Mantemento Electrónico para o vindeiro curso 2024-2025. O novo ciclo superior ten unha duración de 2000 horas en réxime ordinario e daralle continuidade aos xa existentes, un Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas e un Ciclo Básico de Informática de Oficina.

Para acceder ao Ciclo Superior de Mantemento Electrónico é necesario estar en posesión do Título de Bacharelato, Título de Técnico nun Ciclo Medio ou ter superadas as Probas de Acceso a Ciclo Superior.

Os módulos dos que está composto o Ciclo Superior de Mantemento, Electrónico están repartidos en dous cursos nos que o alumnado aprende a manter e reparar equipamentos e sistemas electrónicos, profesionais, industriais e de consumo, así como planificar e organizar os procesos de mantemento, con criterios de calidade, aplicando a normativa e os plans de prevención de riscos laborais e ambientais.

Unha vez obtida a titulación de Técnico Superior en Mantemento Electrónico, o alumnado ten a opción de traballar en empresas do sector servizos, tanto privadas como públicas, dedicadas ao mantemento e a reparación de equipamentos e sistemas de telecomunicacións, sistemas microprocesados, redes de banda larga, telemática e radio comunicacións, así como equipamentos industriais e profesionais de audio e vídeo, por conta propia ou allea.

Máis información en http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfontexeria/

Tríptico CS Mantemento electrónico_Interior IES Fontexeria

Comentarios