Venres. 29.03.2024
El tiempo

Incautados máis de 200 kilos de bivalvos en Muros

marisco incautado en Muros
Incautados máis de 200 kilos de bivalvos en Muros

Novo operativo contra o furtivismo o acontecido onte en Muros. A Patrulla da Garda Civil do Posto da Garda Civil de Muros atopábase facendo un operativo de vixilancia e compromou como 4 persoas estaban mariscando no areal Virxe do Camiño, en Muros.

Cando remataron, meteron os sacos no maletero así como os enseres de traballo, e saíron co coche. A Patrulla interceptounos para comprobar as pertinentes autorizacións para a realización dos labores de marisqueo e a legalidade das capturas realizadas, pero ningunha das 4 persoas a tiñan.

Deste xeito, os axentes procederon á confección das pertinentes actas- denuncia por supostas infracciones á Lei 11/2008 de Pesca de Galicia e á incautación das capturas (203,2 kilogramos, principalmente de berberecho, pero tamén de ameixa babosa e xapónica), na súa maioría de tamaño inferior ao legalmente establecido.

Os bivalvos incautados foron entregados á Cofradía de Pescadores de Muros para o seu sementa.

Novas sobre furtivismo

Comentarios