Incautan 70 kilos de marisco e centos de artes de pesca ilegais na zona

09:18 24/07/13

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia levan un mes de taballo contra o furtivismo. A Costa da Morte foi escenario de varios operativos nos que requisaron máis de 83 aparellos de pesca, máis de 40 quilos de diversas especies e 800 metros de artes de enmalle. O operativo máis importante levouse a cabo en Corme e saldouse co comiso de máis de 3 quilos de polbo e coa incautación de 34 cacharros.
Ademais, na Ría de Muros e Noia, os Gardacostas requisaron máis de 28 quilos de distintas especies, 161 nasas de ferro e 500 metros de artes de enmalle. A actuación máis relevante saldouse co comiso de máis de 5 quilos de polbo e coa incautación de 126 nasas.
Novas relacionadas
- 11-07-13: Novo ataque contra o furtivismo en Malpica, Corme, Laxe, Fisterra e Muros.
- 13-05-13: Máis de 180 kilos de marisco e peixe incautados en Lira e Corcubión.
- 06-02-13: 1000 quilos de peixe de Camariñas requisados en Vimianzo.
Fonte
- Nota de prensa da Consellería do Mar.