O Incibe aborda no Espazo A Maceta de Muros un obradoiro de ciberseguridade para emprendedor@s
O activo Espazo A Maceta de Muros, acolle o vindeiro 21 de setembro un obradoiro organizado polo Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), entidade dependente do Ministerio de Transformación Dixital e Servizo Público. Unha cita formulada para emprendedor@s, para xerminar novos proxectos onde a ciberseguridade é unha peza clave ou o eixo do negocio.
A través da proposta “Desafíos e oportunidades da ciberseguridade no emprendemento e as empresas” mentores expertos en emprendemento e ciberseguridade traballarán cos interesados nos retos específicos do cibermundo e introduciranlles nas estratexias que deben implementar para protexerse. Ademais, aprenderán a aproveitar estas oportunidades a través de proxectos innovadores nun mercado en constante crecemento. Todo iso a través dun desenvolvemento no que se guiarán dende a xeración de ideas ata a creación dun modelo de ciberseguro.
Emprendemento a nivel local
Para levar a cabo esta actuación, o Instituto Avanzado de Emprendemento elixiu o espazo da Maceta (Muros), que conta cunha comunidade desde a que se promove o emprendemento, a innovación social, ambiental e cultural, todo iso desde o ámbito local. Deste xeito, tamén se quere potenciar o ecosistema emprendedor tecnolóxico no rural para evitar o despoboamento e favorecer a creación de áreas innovadoras.
Trátase dunha proposta gratuita e xa te podes inscribir aquí.