Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Vimianzo exporta experiencia de programación cultural

Nieves Lema participou no coloquio da Deputacion
Imaxe do coloquio da Academia Galega de Teatro con Nieves Lema
Vimianzo exporta experiencia de programación cultural

Algo estará facendo ben o Concello de Vimianzo en materia de programación cultural, para que a Academia Galega de Teatro escolla a súa presenza en todas unhas II Xornadas da Academia Galega de Teatro. Pero é que nós xa levamos anos dicíndoo, poñendo como exemplo que a súa programación continua con ciclos semestrais é a mellor receita para manter cheo o seu auditorio.

Ademais da aposta dos diferentes grupos políticos que pasaron polo goberno vimiancés, este éxito ten un nome protagonista, o de Nieves Lema, a técnica de Cultura, que pouco a pouco vai recollendo o mérito que merece por armar unhas programacións co mellor da escena galega.

”É todo un orgullo que a Academia Galega de Teatro escollera o Auditorio de Vimianzo como exemplo de programación estable en toda a provincia. Algo estaremos facendo ben”, sinala fachendosa Lema. "É un espazo de reflexión das artes escénicas e de encontro entre compañías e programadores que nos serve para marcar liñas de colaboración futuras producións", engade. "E como non, un foro para espallar o Auditorio de Vimianzo e que o teña en conta como modelo de programación estable nun concello rural que fai unha aposta  pola dinamización cultural".

Porque as Xornadas recollían unhas ponencia de gran nivel, con xentes como Mercedes Queixas, ou compañías como Caranuxo, Chévere, Teatro do Atlántico…

Nieves Lema terceira pola esquerda
Nieves Lema, terceira pola esquerda

O acto central da xornada do pasado venres era o Faladoiro sobre 'O Deseño das Programacións Teatrais Gelagas. Modelos de espazos de programación’. Aí estaba a nosa técnica, con personalidades. como Xosé Paulo Rodríguez, Director do Teatro Rosalía de Castro de A Coruña; María José Vázquez, técnica de Cultura do Concello de Ames; Carlos Varela, Técnico de Cultura do Concello de Vilagarcía; Marcos Martínez, Coordinador de actividades xuvenís do Concello de Sada; Daniel Loza e Técnico de Cultura do Concello de Betanzos, e Madó Santos, ex-técnica de Cultura do Concello de Muros, outro dos concellos cunha ampla programación.

As xornadas trataron de amosar espellos onde o resto de concellos da provincia (son financiadas pola Deputación), establecendo un diálogo entre este grupo de persoas expertas que programan en distintas realidades.

Comentarios