Manu Sante é o novo responsable do BNG de Muros

08:05 16/01/13

Trala renuncia da anterior responsable, Laura Eiras, por motivos persoais e tras apenas 6 meses no cargo, a asamblea local do BNG de Muros aceptou unanimemente a proposta de sucesión que a propia Laura Eiras presentou.
O novo responsable local, polo tanto, do BNG muradá é Manuel María García Fernández, máis coñecido na vila como Manu Sante, e ademais Vicerresponsable Comarcal de Galiza Nova Muros-Noia e membro do actual Consello Comarcal do BNG Muros-Noia.
Novas relacionadas
- O BNG de Muros recupera o fío da actualidade.
- Primeira comisión local de Compromiso X Galicia en Muros.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Muros.