Xoves. 25.04.2024
El tiempo

María Maceiras, a 'influencer' mariñeira muradá que dá leccións á alta gastronomía española

Maria Maceiras Formoso a tiktocker marineira murada
Maria Maceiras Formoso nun dos seus vídeos de Tiktok
María Maceiras, a 'influencer' mariñeira muradá que dá leccións á alta gastronomía española

O primeiro Premio Nacional Talento Joven que saca a Real Academia Española de Gastronomía ten asento muradán. É a mariñeira María Maceiras, de apenas 22 anos, a escollida polo xurado para recibr este galardón que pretende poñer en valor profesionais, proxectos ou empresas de menores de 30 anos vinculados á cadea alimentaria.

@mariabadernado #galicia #mar #parati #riamurosnoia #centola #mariñeira #pescasostenible ♬ sonido original - PARA LOS TRES

A mariñeira muradá ténse convertido en Tiktok (@mariabadernado) nunha divulgadora total ao máis puro estilo Rogelio Santos Queiruga. María pon en valor a riqueza natural do noso mar e conciencia en materia de respecto pola nosa natureza e pesca sostible con vídeos que chegan directamente ao corazón da rapazada, pois fala o seu mesmo idioma.

Dende o mundo do mar valoran a súa acción, pero poñen en entredito a responsabilidade de membros do xurado como o propio Dabiz Muñoz ou a plana maior da cociña estatal. Fan referencia a que en programas como Master Chef, ou en redes sociais de personaxes públicos como Cristina Pedroche, aparecen marisco ovado sen que haia ningunha consecuencia.

Xentes do mar lamentan que un personaxe público fai máis impacto cunha publicación nas rúas que calquera campaña de concienciación natural, e critican que toda a política de control de pesca sostible quedan en entredito cando non sei fai nada a pesar de que estas publicacións sexan públicas, permitindo unha “impunidade” clara nestes persoeiros caracterizados por unha “incoherencia intrínseca”.

Como di un dos expoñentes mais notables da nosa Costa en canto ao coidado da riqueza marítima, Primi Pedrosa, “o ser bo mariñeiro vai moito máis ala de pescar moito, e o gran dano que se lle fai aos océanos non só é cousa nosa. Tamén hai furtivos en terra”, sinala lembrando ademais a necesidade de facerlle entender ao consumidor o seu papel fundamental e manter a cadea alimentaria libre de expolios, sabendo mercar o produto cando se respectan os ciclos, ao tempo que pide "as administracións máis campañas de concienciación dos consumidores".

@mariabadernado Centola e bogavante ovados. #pescasostible #mar #galicia #mariñeira #riamurosnoia ♬ sonido original - PARA LOS TRES

Novas relacionadas

Comentarios