Máxica e implicación na gran Cabalgata de Muros
20:00 06/01/26
A gran implicación veciñal foi unha das cousas máis salientables da Cabalgata de Muros. Numerosas crianzas de diferentes asociacións acompañaron ás Súas Maxestades espectacular Comitiva Real que encheu de maxia as rúas entre as Laxeiras e o Curro da Praza.
A pesar de comezaron co algo de retraso, a maxia encheu a vila, e mesmo houbo posibilidade, para as persoas con necesidades sensoriais especiais, de vivir o paso da comitiiva real na zona silenciosa habilitada entre o IES Fontexería ata a rotonda da Tremenda.
A praza do Curro foi un auténtico fervedeoiro e foron ducias de crianzas as que quixeron sentar no colo dos Reis Magos, e contarlles as últimas peticións de cara á noite dos regalos.







