luns. 23.02.2026
El tiempo

A música dinamiza o mercado de Muros

Sons do Mercado do Praia do Castelo de Mur5os
A música dinamiza o mercado de Muros

Fermosa xornada musical a vivida este sábado no Mercado de Abastos de Muros cos concertos de Sonophobia e Adhara & Ritman, no marco do ciclo Sons no Mercado. Unha gran iniciativa da programación cultural impulsada pola ACRD Praia do Castelo, que conta co apoio do Concello de Muros e da Deputación da Coruña.

A velada comezou coa actuación de Sonophobia, que abriu o escenario cunha descarga de rock con influencias do panorama estatal, amosando a vitalidade da escena musical muradá. A continuación, foi a quenda de Adhara & Ritman, cunha proposta que combina folk rock e reggae, interpretando textos da tradición popular galega e versos de Rosalía de Castro xunto con composicións propias.

Sonophobia no Sons do Mercado de Muros
Sonophobia no Sons do Mercado de Muros

O concerto contou con numeroso público, nunha posta en marcha dun ciclo que consolida o Mercado de Abastos como espazo cultural activo e que reafirma a aposta por un formato íntimo, próximo e de calidade.
 

Adhara & Ritman oo Sions do Mercado de Muros
Adhara & Ritman oo Sions do Mercado de Muros

Máis citas

O ciclo Sons no Mercado continuará a vindeira semana, o sábado 28 de febreiro, cos concertos de A Pelo (tributo a Platero y Tú) e Lija y Terciopelo (tributo a Marea), nunha noite dedicada ao rock estatal. O sábado 7 de marzo, celebrarase unha xornada de jazz coas actuacións de Mirto e Amaro Sampedro Quartet, ampliando así a diversidade estilística da programación.
 

Comentarios