martes. 12.11.2024
El tiempo

Molotov únese ao Castelo Rock de Muros

Molotov únese ao Castelo Rock de Muros
castelo rock muros 2016 E agora sí. Por fin coñecemos ao completo o cartel do Castelo Rock que terá lugar en Muros os días 12 e 13 de agosto. E como non podía ser doutra maneira, o cartel do festival péchase coa incoporación de Molotov; unha das bandas máis populares do rock'n roll latinoamericano e que precisamente cumpren 20 anos dende o seu nacemento e do lanzamento do seu disco "¿Dónde jugarán las niñas?". Tito Fuentes (guitarra, baixo e voz), Micky Huidobro (baixo, batería e voz), Paco Alaya (baixo, batería, guitarra e voz) e Randy Ebright (batería, guitarra e voz) encargaranse de ofrecer un directo explosivo interprentando algún dos seus éxitos como "Frijolero", "Gimme The Powe" e "Amateur". Ademais de Molotov, o Castelo Rock contará coa presenza de Dubioza Kolektiv, Muchachito, Mojinos Escozíos, The Locos, Terbutalina, Dakidaría, Ánima, Desterrados e Festicultores Troupe. As actuacións de todos eles terán lugar na nova ubicación do festival, situada no parque empresarial de Muros onde haberá unha zona de acampada libre con maior capacidade e máis próxima á zona dos concertos. Igualmente haberá unha programación específica no centro da vila con varias actividades diurnas repartidas en distintos puntos do casco antigo da localidade. Entre esta programación atópanse concertos de grupos como Agoraphobia o The Lakazans, pasarrúas, actividades para os máis pequenos,... Entradas O precio do bono para os dous días é de 27,5€, máis gastos de xestión, e pódeseme mercar en www.castelorock.com, Discos Portobello (A Coruña), A Reixa (Santiago de Compostela), Tienda Tipo (Vigo), Jamonería Varadoiro (Muros) e nas oficinas de correos de toda España. O custe da entrada para un día só é de 22,5€ xunto cos gastos de xestión. O recinto dispón de acamapada gratuita e o aforo é limitado.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios