Martes. 15.10.2019
El tiempo

O actor esteirán Pico recibe un novo premio internacional como o mariñeiro Simbad

O actor esteirán Pico recibe un novo premio internacional como o mariñeiro Simbad

Podemos disfrutar da súa voz na longa de animación O Apóstolo. I é que este esteirán non para. Xosé Manuel Olveira “Pico”, recoñecido actor galego, vén de gañar o pasado luns 5 de novembro o premio Augusta ao Mellor Actor no Festival de Braga, Bragacine, polo seu papel protagonista na longametraxe do director Antón Dobao “Sinbad”.

A longametraxe “Sinbad”, producido por Ficción Producciones e TVG, foi seleccionada no Festival Internacional de Cinema Independente de Braga, Bragacine, ademáis de no Zoom, Festival Europeo de Cine para Televisión 2012, que terá lugar do 28 de novembro ao 2 de decembro.

En “Sinbad”, dirixida por Antón Dobao, podemos desfrutar de Aurelio, (interpretado por “Pico”), ainda que prefire que lle chamen Sinbad, coma o vello mariñeiro. Comparte os seus coñecementos fantásticos cos seus compañeiros diarios de café e dominó na taberna propiedade de Mansur, un home viúvo que ten ao seu cargo a Sara, a súa filla, de entre dez e trece anos coa que Sinbad mantén unha relación moi estreita e afectuosa.

Baseado no libro “Se o vello Sinbad volvese ás illas” do escritor Álvaro Cunqueiro, a súa rodaxe e estrea coincidiu co centenario do nacemento do autor, ademais do cincuenta aniversario da publicación da obra. Pertence, xunto con outros cinco telefilmes máis, ao proxecto “Un mundo de Historias”, que consiste en elaborar audiovisuais de ficción adaptando obras do campo literario gallego.

Un pouco máis sobre Pico

Xosé Manuel Olveira “Pico”. Actor de teatro desde 1972, ten participado en máis de trinta obras de numerosas compañías (grupo Ditea, CDG, etc). As catro primeiras produccións cinematográficas nas que participa están dirixidas por Chano Piñeiro, abranguendo unha curta, unha mediametraxe e dúas longas. Participa nunha vintena de filmes a partir de mediados dos 80 aínda que é máis coñecido pola súa faceta humorística en programas como "O veciño do xoves" ou teleseries como "Pratos combinados", ambas da TVG. Tamén ten traballado en radio e en publicidade. Foi presidente da Academia Galega do Audiovisual desde 2009 ata 2011.

  • Premios e recoñecementos: Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual recibiu o galardón de mellor interpretación masculina de reparto por Os mortos van ás présas. Por Retornos levou en 2011 o premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina de reparto.

Novas relacionadas

Comentarios