Martes. 16.04.2024
El tiempo

Muros coñece as comunidades do Ártico de comezos do século XX

Muros coñece as comunidades do Ártico de comezos do século XX
Interesantísima a nova exposición que loce no Centro Cultural San Xosé de Muros. Gracias á colaboración do Museo do Pobo Galego e ao Stefansson Arctic Institute, esta visión etnográfica do pobo ártico dos Inuit chega ata a vila muradá, onde estará aberta ata o 11 de decembro. "Os Inuit, pobos do Ártico" amosa imaxes e documentos realizados por Vilhjálmur Stefansson como froito das súas expedicións polo noroeste de Norteamérica, aló pola primeira década do século XX. Sobresaen as accións comunitarias, o que denotan unha visión comunista, no seu sentido máis puro, da vida en soceidade.

Presentación

Á presentación acodiron Lino Lema, como coordinador do Museo do Pobo Galego, Embla, do Stefansson Arctic Institute, Domingo Dosil, alcalde de Muros, e Manuel París, veciño dinamizador da vida cultural muradá e xa colaborador desta casa. Lino Lema abriu a presentación con palabras de gratitude para os que fixeron posible traer a exposición a Muros. Fixo fincapé en que chega gracias ás sinerxias xeradas a través do proxecto europeo Fishernet, no participan as confrarías de Muros, Lira e O Pindo. Embla, do Instutute Artic, e coa tradución simultánea do polivalente Manolo París, falou do que significan estas imaxes como fonte etnográfica valiosísima. Pola súa banda o alcalde de Muros, Domingo Dosil, comezou a intervención falando da importanta de ter un veciño na vila como Manolo París, que tanto dinamiza a vida cultural do concello. Iso si, o alcalde botou de menos unha maior participación e interese da cidadanía, pero recoñeceu que é probable que estas apostas culturais estean un paso por diante ao que a Costa está acostumada. Para rematar, Domingo Dosil, fixo unha lembranza dese traballo comunitario que se perdeu, e que se facía cando el era neno: "se un veciño construía unha casa toda a vila participaba", contaba nostálxico Dosil.

Nocas relacionadas

Fonte

Comentarios