luns. 01.12.2025
El tiempo

1ª FUTGAL: A Esteirana reacciona en Caión

CF Muxia celebrando un gol en Brion-Foto-Marina Busto
Os xogadores do CF Muxía celebrando un gol en Brión-Foto-Marina Busto
1ª FUTGAL: A Esteirana reacciona en Caión

Empate final en San Pedro no derbi costeiro da 1ª, que deixa ao Castriz cun pé no descenso, e ao Camariñas na zona noble.

Vitorión, iso si, da Esteirana que segue pechando a táboa pero se coloca a só 2 puntos da salvación, que marca o propio Castriz e o Fisterra, que sufriu unha dolorosa goleada nunha nova xornada de infinitas baixas.

Ademais, boa vitoria do Muxía en Brión, que lle permite alonxarse moito da zona baixa e facerlle un favor aos rivais que loitan pola permanencia.

Bastavales - Muxía (1-3)

Bastavales-Muxia-Foto-Marina Busto
Foto-Marina Busto
  • Muxía: Joel, Mateo, Brais, Carlos Antelo, Iago Muíño, Javi Vilela, Adrián Alcaina, Mauro, Manu Nogueira, Fran Moreira e Róber. Tamén: Iván Bouzón, Alex, Víctor Alcaina, Manu Martínez e Fabián.
  • Goles: 0-1, m.11: Carlos Antelo nun córner; 0-2, m.33: Fran Moreira nunha falta; 1-2, m.90: Pablo Castaño; 1-3, m.92: Víctor Alcaina.
Bastavales-Muxia-Foto-Marina Busto 3
Foto-Marina Busto 

Partido marcado polo mal estado do cespede artifical do municipal de Brión, provocando que se tratase dun partido de duelos e segundas xogadas, no que, a pesar das baixas, o equipo de Sergio Pataca competiu moi ben. Marcaron arcamos nun corner e nunha falta nunha primeira parte na que o equipo local apenas xerou un par de ocasións tamén a balín parado. Cando xa se vían os muxiáns cos 3 puntos, un erro permitía que o Bastavales se poña no partido no desconto, pero practicamente na xogada seguinte conseguían sentenciar.

Bastavales-Muxia-Foto-Marina Busto 2
Foto-Marina Busto 2

Cire Melide - Fisterra (7-0)

  • Fisterra: Josellu, Isma, Colombia, Maikel Mouzo, Quintela, Ángel, Beltrán, Juan Formoso, Guille, Isaac Fábregas e Adrián Makaay. Tamén: Pablo Velay.
  • Goles: 1-0, m.2: Asier; 2-0, m.33: David Pereiro de penalti; 3-0, m.36: Álvaro Varela; 4-0, m.39: Asier; 5-0, m.49: Óscar Carro; 6-0, m.57: Dani Pampín; 7-0,m.85: Jacobo.
Melide-Fisterra no Jesus Carlos Pampin
Pouco ambiente para o Melide-Fisterra no Jesús Carlos Pampín

Con 12 por mor das lesións e as sancións (2), e deles 5 xuvenís, presentouse o Fisterra en Melide para enfrontarse ao Cire. E ao minuto 2 xa recibiu o primeiro, practicamente acabando aí o partido. Non foron capaces de dar 3 pases os fisterráns nun partido que foi un monólogo do cadro local.
Malas novas para os de Leo Picallo, que recuperan aos sancionados; Noe e Dani; pero perde tamén por lesión a Juan Formoso.

Castriz - Camariñas (1-1)

  • Castriz: Coke, Fabián, Anxo, Saúl, Fabio Blanco, Marcos Mouro, Adrián García, Chapela, Oscar Feal, Carlos Rieiro e Josiño. Tamén: Iker, Juanjo, Alemán, Fabio Barbeira e Brais.
  • Camariñas: Jorge, Víctor, Roi, Oliver (Borja), David, Javi (Anxo), Adam (Martín), Soule, Mario (Asier) e Djibril.
  • Goles: 0-1, m.78: Adam de falta directa; 1-1, m.85: Fabián recurtou e marcou ao segundo pau.

Fermoso derbi costeiro en San Pedro, que rematou cun empate xusto tras un empate para cada un. Entrou mellor o Castriz no partido e foi mellor os primeiros 25 minutos tendo un par de ocasións de gol, da man de Josiño e Chapela. A partir do m.25 os de Cabrejo e Faus foron collendo o tono o partido igualando a contenda.

Na segunda o cadro camariñán impoñeu o seu ritmo, tendo un par de boas ocasións de Mario e Roi nas que Coke fixo sendos paradóns. Apretaba a balón parado o cadro visitante, e de falta directa marcou Adam xa afrontando o treito final. Pero tivo arrestos o equipo de Miguel Chouza para reaccionar, e empatar nunha boa xogada do lateral esquerdo, un Fabián, que recurtou e mandou o balón ao pau longo.

Club do Mar - Esteirana (0-1)

  • Esteirana: Guille, Kevin Rial, Simón, Godo, Aitor, Sui, Oli, Anxo, Pachi, Anxo Foghete, e Raúl. Tamén: Toni, Pablo Val, Samu León.
  • Gol: 0-1, m.86: Pablo Val.

Traballada vitoria da Esteirana, a pesar de novo das numerosas baixas, pero parece que está competindo mellor fóra que na casa o cadro de Adán, que fixo un traballo impresionante, con Sui e Oli mandando e ordeando no medio campo. O equipo estivo moi serio en defensa, moi intenso en todo momento, e facendo dano sobre todo á contra.

Deu aire a entrada dos xuvenís Samu e Pablo Val, e de Toni, que volvía de vacacións, na segunda. Foi Pablo Val o que definiu xa contra o final no man a man tras un bo pase filtrado.

A boa nova, é que con dous partidos, o equipo volve estar aí.

Todas crónicas da 1ª FUTGAL

Máis info

Comentarios