Mércores. 26.02.2020
El tiempo

Muros pesca un Ecopez con Lonxanet

Muros pesca un Ecopez con Lonxanet

As mariscadoras e os pescadores da Confraría de Muros serán os anfitrións do taller "Dun mar sostible a un comercializador responsable", que terá lugar este sábado, 22 de setembro, desde as 10.00 e ata as 18.45 horas na antiga fábrica de Selz, no Concello de Muros (A Coruña).

Enmarcado nas accións formativas e de sensibilización do proxecto "ECOPEZ: Promoción da pesca sostible e o consumo responsable", este taller forma parte das xornadas de sensibilización que Fundación Lonxanet para a Pesca Sostible dirixe aos diferentes axentes que forman a cadea de comercialización dos produtos procedentes do mar.

Nesta ocasión, e tras o seminario ofrecido a pasada semana na sede da Confraría de Pescadores de Espasante, o patrón maior da Confraría de Pescadores de Muros encargarase de expor ante máis de vinte persoas, relacionadas co ámbito pesqueiro, a situación do sector pesqueiro artesanal e a importancia das Áreas Mariñas Protexidas (como a dos Miñarzos) de interese pesqueiro e cogestionadas, como ferramenta para contribuír á súa sustentabilidade social, económica e ambiental tanto do sector pesqueiro como do territorio.

A sesión contará ademais coa participación de biólogos, grupos de consumo, pescadores doutras latitudes españolas que levaron a cabo experiencias de comercialización a pequena escala e responsables de lonxas, entre outros, que compartirán a súa experiencia cos asistentes e disertarán sobre consumo responsable, emprendimiento na comercialización de produtos artesanais e certificación de sustentabilidade.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Lonxanet.

comentarios