Muros tamén se pon a andar

08:53 01/04/15

Chega tamén ata Muros a febre do sendeirismo. Trasn@s e habitais das Andainas do programa Coñece a Costa da Morte poderán aproveitar este vindeiro 10 de maio para achegarse ao sur da bisbarra para disfrutar desta I Andaina Concello de Muros.
O percorrido terá lugar polas parroquias de Serres e Louro e serán un total de 12 quilómetros. A andaina partirá ás 9:00 h dende a piscina e rematará entre a 13.00 h e as 15.00 h.
Xa te podes inscribir na piscina municipal de Muros.
Novas relacionadas
- Máis de 250 persoas estrean as Andainas Coñece a Costa da Morte por Cee.
- Un milleiro de trasn@s toman de novo o Camiño dos Faros
- En marcha as Andainas 2015.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).