En marcha as Andainas 2015


Chega a primavera e volve o sendeirismo ser protagonista. O 22 de marzo arrinca a 5ª edición do Camiño dos Faros, e unha semana antes, o fará o Programa de “Andainas. Coñece a Costa da Morte 2015”, un programa polo que foi premiado o Club Deportivo Costa da Morte.
Será o sábado 14 de marzo cando se poña en marcha a 3ª edición do programa de “Andainas: coñece a Costa da Morte”. Son un total de 8 rutas polos concellos de:
Información útil
A actividade é gratuíta e está dirixida a persoas adultas e menores a partires dos 7 anos. Os menores deberán presentar unha autorización para poder participar e, ata os 16 anos, deberá ir acompañados dos pais ou dun adulto responsable.
Para poder participar debedes inscribirvos no voso concello. O prazo de remate de inscrición será o xoves anterior á realización da andaina. No caso de non pertencer a un dos concellos organizadores podedes facer a inscrición en calquera dos concellos que participan na actividade. Todas a rutas terán un mínimo de 10 e un máximo de 15 quilómetros e os horarios serán de 10:00 a 13:00 ou 15:00, dependendo da distancia da andaina.
Os concellos organizadores porán buses para os desprazamentos a disposición dos participantes sempre que se superen os 15 inscritos. De non ser así os participantes deberán desprazarse polos seus propios medios ao concello onde se celebre a andaina.
Novas relacionadas
- O Camiño dos Faros volve máis forte que nunca ca 5ª edición.
- A Costa da Morte aposta unida por un Camiño dos Faros Ruta de Gran Percorrido.
- O Club Deportivo Costa da Morte foi premiado nos V Premios Galicia á Xestión Deportiva.
- 200 camiñantes descubriron os tesouros do fin da Terra nunha nova Andaina.
- Corcubión mantén o ritmo de interese con 200 camiñantes nas Andainas Costa da Morte.
Fonte
- Club Deportivo Costa da Morte.