Martes. 23.04.2024
El tiempo

Muros xa saúda con "Bo Camiño"

Muros xa saúda con "Bo Camiño"
Muros identifica o seu Camino 2

Segue collendo forma o proxecto da ruta xacobea por Muros. Unha iniciativa para recuperar a variante do camiño Inglés que sae de Muros, a onde chegaban antiguamente os peregrinos por mar rumbo a Santiago, creando así unha especie de ruta circular entre entre Santiago, Fisterra-Muxía e a ría de Muros e Noia.

O pasado Sábado 12 de decembro daban un novo paso adiante. Membros das comunidades de montes de Serres, Abelleira, Tal e Esteiro, así como representantes de Louro e Muros, xuntáronse para percorrer os camiños reais do concello rumbo a Outes. O obxetivo non foi outro que comprobar o estado dos tramos que percorren as parroquias do concello para buscar solucións aos posibles problemas.

Unhas semanas antes o párroco Alfonso Mera convocara ás distintas Asoc. de Montes en mancomún para expoñer a iniciativa da recuperación desta variante do camiño Inglés que sae de Muros, a onde chegaban antiguamente os peregrinos por mar rumbo a Santiago. Nesta primeira xuntanza Alfonso Mera, Nando Sande e Montse París expuxeron os fundamentos históricos deste camiño, os trazados a buscar e o potencial desta recuperación. Sinalaron, ademais, que Muros é o inicio do camiño e, polo tanto, razón suficiente para comezar coa identificación do mesmo ata que paso a paso, entre todos os interesados na súa recuperación, localicen todo o percorrido Muros- Santiago. Esta iniciativa responde ao interés de persoas de diferentes concellos, que recentemente crearon a Asociación de amigos do camiño inglés pola Ría de Muros e Noia. Os obxetivos inmediatos son: identificación, recuperación e sinalización dos tramos.

Camiño Xacobeo a Santiago por Muros

O pasado Sábado constituíu unha posta en común das tarefas previas, fixadas na primeira reunión, de cada parroquia do concello na localización destes roteiros , e sen dúbida a saída foi un éxito. A maior parte dos tramos están nun estado perfecto para o Camiño, e son percorridos xa por moitos paseantes, sobre todo os tramos de Tal e Esteiro, seguidos por Abelleira. Quizais é Serres quen require unha intervención maior nun pequeno tramo, á que se lle tratará de dar solución.

De todos os xeitos non parece que esas pequenas tarefas vaian a supoñer un problema, xa que o que predominou o día 12, foi o interés nun obxetivo común que ilusiona a todos por igual, e que pretende preparar este tramo e atoparnos no camiño cos nosos veciños de Outes e Noia e demais concellos da ruta a Santiago.

"BO CAMIÑO!!!" xa din os muradáns.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios