"Música ghalegha daghora" para os pequechos de Muros


Xa o disfrutaron os rapaces de Fisterra, que bailaron e cantaron en galego pezas do século XXI. Pero a proposta do programa Bocaberta, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, volve por Muros, a través do equipo de Normalización Lingüística do Concello.
Os mozos e mozas a partir de 12 anos poderán aprender a compor cancións de música pop e a cómo aproveitar as tecnoloxías para gravar e compartilas co resto do mundo. Cuestións ás que integrantes dos grupos de pop galego Projecto Mourente e The Homens procurarán dar resposta.
A cita desenvolverase o próximo domingo 13 de febreiro na Casa da Cultura, e consta de 2 partes:
- Obradoiro de música caseira, con Carlos Valcárcel (Projecto Mourente): ás 18:00 no Telecentro (inscrición previa).
- Concerto acústico de The Homens e Projecto Mourente: ás 20:00 no auditorio (entrada de balde).
Máis información e inscricións
Se queren obter máis información ou para facer a inscrición no obradoiro poden contactar co Servizo de Normalización Lingüística a través do teléfono 981 762 294 ou do correo electrónico: [email protected].
Obradoiro de Axóuxeres
Ademais, os pequechos muradáns viviron esta fin de semana a a href="/articulo/muros/muros-acolle-a-festa-dos-axouxeres-para-os-mais-pequenos/20110204080330066987.html">Festa dos Axóuxeres poderán disfrutar do Obradoiro de Axóuxeres, que se celebrará o sábado 19 de febreiro ás 17:30 en San Xosé. Obradoiro que ensina técnicas de masaxes para bebés e xogos de iniciación.
Novas relacionadas
- Bailando e compoñendo en galego e ca Bocaberta.
- Os pequechos de Zas riron coa bocaberta e en galego.
- Muros acolle a Festa dos Axóuxeres para os máis pequenos.
- Muros busca o seu cartel para seguir mirando ao Mar.
- Nota de prensa do equipo de Normalización Lingüística do Concello de Muros.