Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Os pequechos de Zas riron coa bocaberta e en galego

Os pequechos de Zas riron coa bocaberta e en galego
58 rapaces e rapazas de primeiro e segundo de primaria do CPI de Zas e do Labarta Pose de Baio gozaron da representación da obra "Sr. Mundo, dígame?", de Factoría Teatro. Unha actuación enmarcada dentro do programa Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Linguística da Xunta, que xa pasou por outros puntos da bisbarra, como Fisterra, onde os cativos aprenderon a facer e a bailar a "músija ghallegha daghora". Por Zas tocou teatro. Unha obra creada a partir de dous poemas de Paula Carballeira. Foron uns 50 minutos dun recital que combina a poesía sonora coa poesía visual, e os pequechos non perderon un verso. Entre o público tamén estivo o alcalde de Zas, que non quixo perder a actuación e acompañou aos pequechos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios