Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As nais do mar: Na procura da mariscadora con máis anos de profesión

Mari Lista é percebeira de Corme
Mari Lista é percebeira de Corme - Foto: Ramon Moreno
As nais do mar: Na procura da mariscadora con máis anos de profesión

Fermosa a iniciativa da empresa costeira Fresco y del Mar para homenaxear, co gallo do Día da Nai, ás mariscadoras do litoral galego. A campaña baséase na idea “Mariscadoras, as nais do mar”, trata de reivindicar unha figura clave para a sostenibilidade da costa de Galicia.

Son máis de 2.000 as “nais do mar” (son dous terzos na profesión a pé), as que protexen as mareas dos furtivos e da contaminación conservando o marisqueo a pé, unha das arte tradicionais máis respectuosas da práctica pesqueira. Superando vento, mar ou sol, “as nosas mariscadoras merecen unha protección especial”, segundi asegura Milucho Louro, portavoz de Fresco e do Mar. “Sofren riscos e enfermidades pola súa carga física, os movementos repetitivos e os durísimos axentes externos aos que están expostas. Isto provoca que a maioría sufran baixas ou incapacidades cando chegan a determinada idade, e piden dende hai tempo que se lles recoñezan oficialmente certas enfermidades profesionais como artroses ou patologías lumbares e cervicales”, explica un Louro que ben coñece o traballo das profesionais da ría de Muros.

Para poñer en valor o seu traballo, a empresa abre un certame: “a persoa que contacte connosco e que cumpra este requisito de ser a que máis anos leva na profesión, gozará xunto ao seu acompañante dunha merecida xornada de descanso”, cunha noite no hotel Muradana de Muros, e unha cea para dúas persoas no Asador Vila de Muros.

Comentarios