domingo. 19.04.2026
El tiempo

Tradición, relixiosidade e atractivo turístico para a Semana Santa muradá

Presentacion Semana Santa de Muros marzo
Tradición, relixiosidade e atractivo turístico para a Semana Santa muradá

A concellaría de Cultura e Turismo e a Asociación Semana Santa Muradana presentaron a programación da Semana Santa Muradana 2026, unha das citas máis destacadas do calendario cultural e relixioso do municipio, que combina tradición, participación veciñal e atractivo turístico.
No acto de presentación participaron a concelleira de Cultura e Turismo, Caridad González, xunto con José Luis Martínez e Manuel Lago, membros da Asociación Semana Santa Muradana, entidade encargada da organización dos actos.

A programación desenvolverase entre o 27 de marzo e o 5 de abril, incluíndo celebracións litúrxicas e procesións que percorren as rúas e prazas da vila, convertendo Muros nun escenario de gran valor patrimonial e simbólico durante estas datas.
Entre os actos máis destacados figuran a procesión do Domingo de Ramos, a celebración do Xoves Santo coa procesión da Santa Cea, así como os actos centrais do Venres Santo, co Sermón do Encontro, o Desencravo e a procesión do Santo Enterro. A programación culminará o Domingo de Resurrección, coa tradicional Palomiña e a misa solemne.

Os representantes da Asociación Semana Santa Muradana puxeron en valor o traballo colectivo que fai posible esta programación, así como a implicación da veciñanza e das persoas colaboradoras que participan cada ano nos actos.

Semana Santa Muros 2

As obras do casco, listas

obras casco vello muros

Ademais, o Concello informa de que as obras de humanización e renovación dos servizos públicos da rúa Real de Muros avanzan a moi bo ritmo e xa están na súa última fase. As concelleiras de Obras e Servizos e de Seguridade Cidadá, Laura Rivadeneira e Sandra Maneiro, visitaron as obras xunto ao presidente da Asociación da Semana Santa muradá.
No concello céntranse agora en garantir que as procesións de Semana Santa poidan desenvolverse con total normalidade. "A rúa estará aberta ao paso das procesións de Semana Santa, pero por seguridade non se permitirá a circulación de vehículos”, explican.

Oferta turística

Ademais, desde a Concellería de Turismo complétase a oferta cun programa de visitas guiadas durante a Semana Santa, que permitirá afondar na historia, no patrimonio e nas tradicións locais, reforzando así o atractivo turístico do municipio nestas datas.

Semana Santa Muros

Máis novas da Semana Santa

Comentarios