sábado. 10.05.2025
El tiempo

O BNG de Muros busca candidato

O BNG de Muros busca candidato

Primeira nova de que as eleccións autonómicas serán as seguintes. 2015 está aí, e a resaca das Europeas e o recordo das Municipais de maio de 2011. Os partidos xa están afiando as súas armas, pero hai quen aínda non ten nin proxecto. Como é o caso do BNG de Muros, que busca un candidato en clave asemblearia.

Así, a Asemblea Local dos nacionalistas muradáns abre un prazo de 15 días para a presentación de candidaturas. E o fai despois de que o pasado venres, sentasen s as bases para o proceso do que sairá a súa candidatura para as municipais do próximo ano.

Así, desde o BNG, convidan a toda a cidadanía a que participe neste proceso e quen o desexe, ben sexa presentando unha candidatura, ou facendo calquera proposta que estime oportuna, se poña en contacto ca organización a través do seu correo electrónico: bngmuros@gmail.com ou se acerque á Caverna, local que xestiona o Responsable local, Manu García, e que fai ás veces de sede oficiosa da Asemblea.

De momento, xa hai rexistrada unha candidatura que foi proposta na propia reunión dos frontistas.

Novas relacionadas

Fonte

  • BNG de Muros.

Comentarios