Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O colectivo Galiza B/N trae a súa visión ata Muros

O colectivo Galiza B/N trae a súa visión ata Muros
I Exposicion Colectiva GALIZA B-N

O vindeiro sábado 21 de xuño e ata o 4 de xullo, estará en Muros a I Exposición Colectiva GALIZA B/N. Unha exposición fotográfica de 40 obras de outros tantos autores amantes da fotografía en blanco e negro, que está a percorrer Galiza e Norte de Portugal.
Agora chega ao Pozo do Cachón, onde se celebrará unha inauguración o mesmo sábado 21 ás 17:00h.

Entre os artistas temos algúns veciños como o muradán Quin Caamaño ou o ceense Juanma Ronquete, que compartirán as súas imaxes con Abel Pereira Matalobos, Alberte A. Pereira, Alex Carral, Ana Rey, Angel Gilberto “Papigil”, Antonio G. Eiras, Beatriz Maroño, Carlos Dobaño, Carmen Cristino, Delio Sánchez, Elena Abad, Emilio Luis López, Felipe Ogando, Fran Nieto, Fco. Carlos Cubiles Ortega, Francisco Javier Bayolo Hermida, Gloria López Méndez, Isabel Janeiro, Isidro Cea, Jaime Varela, Javi Bregua, José Luis García Mendoza, Jose M. Suárez Domínguez, José Manuel Nóvoa Blanco, Juan De Dios Romero, Luis Leclere Rodríguez, Manuel Muíños García, María José Rivera Romero, María Llavona, Máximo Vázquez Villar, Roberto Rey, Ruairi O’Donell, Rubén Blanco Fábregues, Sebas Rozas, Sonia María García García, Tonete López, Vanesa Nogueira e Verónica F. Blanco.

Algunhas das obras da expo Galiza BN

Un Colectivo que nace na rede

Galiza Branco e Negro é un colectivo fotográfico xurdido en marzo do ano 2009, e integradomaioritariamente por afeccionados e algún profesional que teñen entre si como nexo común o gosto polo procesado en branco e negro e a súa relación con Galiza, ben sexa por teren nacido aquí ou por seren residentes.

O colectivo ten presenza nas redes sociais dende Flickr na súa orixe (http://www.flickr.com/groups/galizabn/), mais recentemente como grupo de Facebook (https://www.facebook.com/groups/galizabn/), e próximamente con conta en Twitter, blogue en Tumblr e páxina de Google+.

Máis visitas pola Costa

Ademais estará en:

  • Carballo: Do 26 de xullo ao 15 de agosto 2014 · Museo do antigo cárcere de Bergantiños.
  • Camariñas: Do 6 setembro ao 3 de outubro 2014 · Faro de Cabo Vilán.

Fonte

Comentarios