Venres. 17.05.2024
El tiempo

O Concello de Muros volve impedir que se graven os plenos

O Concello de Muros volve impedir que se graven os plenos
A Plataforma Grabatupleno defende a legalidade de recoller actos públicos como son as sesións plenarias

Nas últimas semanas os medios (véxase La2Noticias (min. 12'28'')) facíanse eco de que a lei permite grabar os plenos municipais ao tratarse de actos públicos. Así o corrobora e o defende a Plataforma "Graba tu Pleno", que conta con milleiros de seguidores en toda a península que levan as súas cámaras aos plenos para exercer o dereito da cidadanía de poder ver como os representan os seus políticos escollidos.

Unha das primeiras voces solicitando a grabación dunha sesión foi a dos edís de Compromiso por Galicia de Muros, que presentaron o pasado xoves unha moción solicitando que se volvan grabar (xa se fixo durante unha temporada). Pois a moción non saíu adiante e o pleno rematou cos 3 concelleiros de CxG abandonando a sala ante o que consideraron "un claro abuso de poder da alcaldesa". De feito, a alcaldesa non permitiu que se votase a moción "incumprindo", segundo CxG, "o artículo 91 do ROF (Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais)".

Polo de pronto, haberá que agardar para que se permita, pero animamos a que algún veciño vaia coa súa cámara ao vindeiro pleno muradán, e calquera outro na bisbarra, a exercer un dereito da cidadanía.

Critica tamén a voceira de CxG que a alcaldesa non lle entregou unha información sobre a Comisión creada arredor da Escola Infantil, porque "o dereito a información municipal non ampara ou uso indiscriminado nin desproporcionado do mesmo", xustificábase a alcaldesa. Algo que dende a oposición consideran "outro exemplo de transparencia".

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • CxG de Muros.

Comentarios