Xoves. 25.04.2024
El tiempo

CxG Muros pide que se graven os plenos municipais

CxG Muros pide que se graven os plenos municipais

Por que aínda a ningún concello se lle prantexa seriamente gravar os plenos municipais? Podería ser un xeito de que a cidadanía retomase o día a día político dende a casa.

Os tres edis de Compromiso por Galicia-Muros, María Xosé Alfonso Torres, José Manuel Quintela Fernández e María Sambade LLoréns, veñen de presentar unha moción para que se volvan a gravar os plenos e a cidadanía poida escoitar estas gravacións.

Unha medida para poder resolver calquera dúbida que xurda á hora de redactar e aprobar as actas desas sesións plenarias. Unha medida para que "a cidadanía poida escoitar estas gravacións a través da páxina web do concello, achegando así a política municipal á cidadanía e facendo un verdadeiro exercicio de transparencia".

E o fan tras o que chaman un "desmán" da alcaldesa o pasado 28 de febreiro que non incluiu a moción na orde do día do pleno que presentara o grupo da oposición.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de CxG.

Comentarios