O escritor muradán José Manuel Bermúdez trasládanos a Palestina coa súa última novela


O escritor muradán José Manuel Bermúdez acaba de publicar a súa última obra, ambientada no conflito Palestino. “La Becaria Palestina”, editada por Círculo Rojo, trátase dunha novela realista na cal se evidencian os problemas derivados dun conflito que non só involucra aos actores ficticios da narración. O relato implica un cúmulo de sentimentos e conductas que espertarán no lector un especial interese por coñecer o desenlace final da historia.
Tal e como nos conta Bermúdez: “O lector poderá atoparse nesta obra cunha infinidade de situacións que, moi probablemente, lle farán formularse una serie de consideracións respecto aos sentimentos humanos e ao motivo dos extremismos ideolóxicos e dos intereses políticos. Pero, sobre todo atoparase con una historia de amor e superación. Un chisco de esperanza para o futuro nun presente marcado polo odio e a violencia”.
Una perfecta combinación entre a acción, o drama e os sentimentos máis íntimos, ideal para aquelas persoas que queiran introducirse na interesante realidade que nos propón Bermúdez.

Sinopse
No medio do odio e o rancor xorde o amor entre dous seres cuxas culturas levan décadas enfrontadas. El, un militar israelí, namórase perdidamente dunha nova avogada de orixe palestina. A súa relación deberá superar innumerables obstáculos, incluídos os enfrentamientos armados entre os seus pobos e as continuas presións dos máis altos cargos do exército hebreo, quen intentarán poñer fin á súa relación. Unha historia de amor e odio na cal ponse de manifesto o poder do primeiro ante a sinrazón dos máis baixos sentimentos.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal).