O folclore da Ximiela conquista a 5ª Avenida de New York


Se falamos de espallar cultura galega, folclore, parece que a Ximiela de Louro terá que levar todos os galardóns. Ata a Gran Mazá veñen de levar a tradición galega este bravo grupo con máis de 25 anos ás súas costas. Un grupo ademais formado por xente moi nova, dando conta do gran traballo de canteira feito nas 3 últimas décadas.
Así que aló imos, con eles, ata NY. Foi o día 6 de outubro cando a Agrupación Folclórica Ximiela de Louro poñía rumbo cara terras estadounidenses para participar no desfile da Hispanidade ademais de realizar diferentes actuacións no Centro Español de Queens e en Casa Galicia de NY.
A Comisión Amigos de Ximiela NY foi a promotora que levou a idea adiante de que o grupo loureán actuase na cidade estadounidense para o deleite de tantos emigrantes galegos e tamén como representantes do folclore galego.
Como traballou a Ximiela xunto ca Comisión, realizando diferentes actividades (ceas, seráns, calendarios,…) para poder conseguir os suficientes fondos e sufragar un soño que finalmente se converteu en realidade. Máis mérito teñen pois non contan con subvención algunha, máis que a axuda que lles outorgaron os emigrantes en EEUU.
Unha selección de trinta persoas foron as encargadas de representar a Ximiela e realizar unhas actuacións moi emotivas que avivaron a morriña dos asistentes. Pero, sen dúbida, o broche final foi o desfile da Hispanidade onde a agrupación foi acollida calorosamente por un público formado por ducias de nacionalidades.


O grupo de Louro xa está preparando novos proxectos e actuacións onde o folclore galego, e en especial o da nosa comarca, é o protagonista.
Aquí vos deixamos co espectacular vídeo que se “currou” a familia de Ximiela por Louro adiante durante varios meses, para enviar a NY e demostrar o fortes que son os vínculos entre a cultura, a terra e a xente loureá.
Novas relacionadas
Novas da Costa en NY
- A familia costeira en NY segue gañando títulos co CD Iberia.
- A emigración do pasado e a emigración actual: distinta forma, mesmo fondo.
“De Carnota a NY”, con Manuel Vilar
- A emigración de Carnota en Nova York (V) – A chegada: casa e traballo (II).
- A emigración de Carnota en Nova York (IV) – A chegada: casa e traballo (I).
- A emigración de Carnota en Nova York (III) – ¿Por que veñen?.
- “Vin porque me trouxeron, non quería vir”. De Carnota a Astoria. A emigración de Carnota en Nova York (II).
- “Vin porque me trouxeron, non quería vir”. De Carnota a Astoria. A emigración de Carnota en Nova York (I).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).