Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O PSOE quere declarar fillos predilectos de Muros a Domingo Dosil e 3 alcaldes franquistas

O PSOE quere declarar fillos predilectos de Muros a Domingo Dosil e 3 alcaldes franquistas

O grupo de Goberno de Muros quere realizar unha homenaxe a 4 alcaldes da vila histórica. Un dos homenaxeados será o recentemente finado, o nacionanista Domingo Dosil. Pero curiosamente os seus acompañantes na homenaxe serán, 3 alcaldes da época franquista.

Unha situación que non gusta nada no seo do grupo da oposición do BNG, que afirma que votará en contra da proclamación de fillos predilectos de Muros a tres alcaldes da época franquista. Así e todo, a proposta poderá saír adiante cos votos do PP e PSOE.

"Os nacionalistas non van consentir tratar conxuntamente aos catro alcaldes", explica a vociera María Xosé Alfonso, "pois consideran que a proposta feita pola alcaldesa socialista Caridad González para declarar fillos predilectos da vila de Muros aos alcaldes da vila durante a etapa franquista está totalmente fóra de lugar e ten como único propósito diluir e empañar a figura de Domigos Dosil, votarán en contra da proposta da alcaldía tanto no seo da comisión como no pleno posterior se ha lugar".

"Está claro que isto non é máis que unha homenaxe ao réxime franquista feito por unha alcaldesa socialista, algo que probablemente vulnera a lei da memoria histórica e sobre o que a “familia socialista” debería pronunciarse", denuncian dende o BNG.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Muros.

Comentarios