Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os usuarios de Adisbismur non poder acodir aos Centros por falta de transporte

Os usuarios de Adisbismur non poder acodir aos Centros por falta de transporte

Continúa o pulso entre o Concello de Muros e a COGAMI. I é que o Concello segue sen solucionar o problema co transporte, e a entidade denuncia que non hai movementos. De feito, estes días un grupo de usuarios da Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros (Adisbismur) non acoden ao centro de Valadares nin ao do Stand de Noia porque carecen de medio de transporte adaptado que os achegue ata as instalacións.

Ata o de agora era a asociación Adisbismur a que se facía cargo do transporte que subvencionaba o concello de Muros. Pero segundo denuncia a Cogami, entidade a nivel galego da que forma parte a Adisbismur, "a alcaldesa, Caridad González Cerviño, decidiu deixar de subvencionar este servizo e comprometeuse a xestionalo transporte dende o propio concello comprando un vehículo adaptado e que iniciaría a ruta en xaneiro".

Así, dende o día 9 de xaneiro, despois das vacacións de Nadal, os usuarios acoden aos centros sen que o servizo de transporte estea en funcionamento. Son os propios pais os que os teñen que trasladar.

A día de hoxe, a asociación afirma que "non pode seguir asumindo estes custes porque está en situación económica de números vermellos". Di Adisbismur que "o concello lle debe 25.000 euros dos gastos do transporte dende o mes de xuño do ano pasado provocando problemas de tesourería na asociación e que os traballadores están sen cobrar as nóminas do mes de decembro".

Os pais dos usuarios afirman tamén que se puxeron en contacto cos servizos sociais do concello en varias ocasións e polo de agora non teñen ningunha solución á situación. Á espera de que poidan arranxar este problema de transporte, desde este luns son 14 as persoas que non poden acudir ao centro de recursos de Valadares e de Stand de Noia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de COGAMI.

Comentarios