Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Turismo de Muros e Noia convoca unha reunión para pelexar por unha Ruta Xacobea

O Turismo de Muros e Noia convoca unha reunión para pelexar por unha Ruta Xacobea
Ruta-Xacobea-Muros-Noia-escudo

Segue a Asociación Turístico Comarcal Ría Muros Noia pelexando por achegarse ó Camiño de Santiago. Non hai moito solicitaban unha ruta Circular peregrina entre Santiago, Fisterra-Muxía e a ría de Muros e Noia. Unha petición pola que vai traballar con forza debido ao interese demostrado entre a veciñanza pola solicitude para a súa oficialización.

Entenden que as referencias históricas permiten solicitar unha variante marítima con chegada de peregrinos ata os portos de Muros, Porto do Son, Freixo ou Noia que seguirían por terra polos concellos de Lousame, Rois, Brión e Ames ata Santiago. E ademais, dan conta dunnha demanda dos peregrinos de hoxe, que é a inclusión dunha ruta desde Fisterra a Santiago pola costa como camiño de volta.

Por iso, a asociación turístico comarcal ría de Múros e Noia, xunto coa asociación Noia Histórica​ convoca unha reunión con todas aquelas persoas, con intereses culturais, históricos, comerciais, deportivos ou simplemente con inquedanzas neste tema, para formar unha Asociación de amigos do camiño de Santiago pola ría de Muros e Noia. Esta asociación serviría como motor de impulso para a oficialización e posta en marcha desta variante do camiño inglés a Santiago.

A cita, o xoves día 14 de maio, as 20:00h da tarde, na Casa da Cultura Avilés de Taramancos, do concello de Noia constituirase a asociación de amigos do camiño de Santiago pola ría de Muros e Noia, coa elección da Xunta directiva de entre as persoas asistentes interesadas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Asociación Turístico Comarcal​ Ría Muros Noia.

Comentarios