Martes. 17.09.2024
El tiempo

Piden a destitución do asesor xurídico do Concello de Muros por incumplir o uso do galego

Piden a destitución do asesor xurídico do Concello de Muros por incumplir o uso do galego
Video do Xulgado de Muros

A semana pasada viamos o vídeo no que o BNG de Muros denunciaba que o asesor xurídico pon trabas ao uso da lingua galega no xulgado. Hoxe é o grupo de CxG o que toma o relevo e presenta unha moción na que pide directamente a "destitución do asesor xurídico do concello de Muros pola pésima representación que está facendo do concello de Muros e polo reiterado incumprimento do Regulamento do uso do galego aprobado por unanimidade na sesión plenaria celebrada o 31 de maio de 2001".

Ademais, solicitan "que se tomen as medidas necesarias para que se cumpra ese Regulamento de uso do galego, algo que non está acontecendo e que a alcaldesa e o goberno municipal consinten". E se preguntan: "Para que serve un acordo plenario en Muros se a alcaldesa e o seu grupo de goberno os incumpren e consinten que se incumpran?"

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do CxG de Muros.

Comentarios