Venres. 29.03.2024
El tiempo

A premiada “Cigarreiras” aterra en Muros

FIOT 30 Cigarreiras © Vanessa Rábade FIOT
Cigarreiras no pasado FIOT. Foto: Vanessa Rábade
A premiada “Cigarreiras” aterra en Muros

O Auditorio do Centro Cultural de Muros acolle este sábado 26 de marzo, ás 21:00h, á premiada obra “Cigarreiras”, de Contraproducións. Un espectáculo Baseado en La Tribuna de Emilia Pardo Bazán adaptado para teatro e dirixido por Cándido Pazó; e no elenco con Tamara Canosa, Susana Dans, Merce Castro, Isabel Naveira, Covadonga Berdiñas, Ana Santos e Ledicia Sola Unha proposta dramatúrxica audaz que, con sete actrices en escena, conxuga o tono propio dun drama individual e colectivo como La Tribuna, con outros máis frescos e lixeiros, mesmo cómicos por momentos, tan característicos da narrativa de Emilia Pardo Bazán.

O espectáculo foi estreado o pasado outono no teatro Rosalía de Coruña, foi premio do público no Fiot de Carballo e agora regresa a Galicia despois dunha xira por España, na que actuaron en teatros de tanto prestixio coma o Arriaga de Bilbao, acadando en cada función un grande éxito de público e crítica.

As entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo [email protected] ou no formulario creado para este fin.

Comentarios