Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Rescatados con vida os dous tripulantes dunha embarcación afundida fronte a costa de Louro

Naufraxio do Madre Antonia de Muros
O Madre Antonia sufríu un naufraxio
Rescatados con vida os dous tripulantes dunha embarcación afundida fronte a costa de Louro

Esta tarde de xoves, unha embarcación de Muros, o Madre Antonia (un pesqueiro de 9 metros), sufría un novo naufraxio diante da nosa costa. Volvían a terra tras estar traballando as betas, e por motivos que aínda se descoñecen, o barco afundía a 5km da costa, fronte ao faro de Louro.

O CSS de Fisterra, Gardacostas, o Salvamar Regulus e o GES de Muros eran mobilizados. Finalmente, tras case unha hora de máxima tensión, foi o helicóptero de Salvamento o que rescataba aos dous tripulantes que aguantaban agarrados a unha boa, sendo trasladados ao Aeroporto de Alvedro onde os agardaba unha ambulancia para levar ao Chuac.

O afundimento tivo lugar na Rocosa, nos Baixos Meixidos, onde hai uns anos naufragaba tamén o Sinquerer Dous.

Comentarios