Rescatan a unha persoa en Louro ao caer por un desnivel despois de sufrir un ataque epiléptico
20:55 02/08/17
Os efectivos de emerxencia rescatou esta tarde a unha persoa que resultou ferida leve despois de sufrir un ataque epiléptico e caer por un desnivel duns dous metros. Os feitos producíronse sobre as 14:25 horas cando a vítima estaba a facer unha ruta de sendeirismo en Louro, na compaña do seu pai e outras persoas.
A persoa tivo que ser rescatada polos efectivos de emerxencia. Aínda que presentaba feridas de carácter leve, foi evacuado nunha ambulancia a un centro hospitalario.
Foi un amigo da vítima o que chamou aos servizos de emerxencias e segundo detallou, levaban unhas dúas horas facendo unha ruta na punta de Louro, pero descoñecían o punto exacto no que se atopaban. Para facilitar a localización da incidencia, o particular enviou as coordenadas da súa situación.
Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 informouse dos feitos ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Cee e ao GES de Muros. Tamén se alertou á Garda Civil.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- 112