Venres. 03.05.2024
El tiempo

Rescatan o corpo sen vida dunha persoa que caía ao mar preto do Faro de Monte Louro

Embarcacion-de-salvamento-maritimo-clase-Salvamar-31835
A Salvamar Regulus na zona
Rescatan o corpo sen vida dunha persoa que caía ao mar preto do Faro de Monte Louro

Novo sucesos tráxico esta mañá de martes 12 de decembro no mar de Muros. Unha persoa, que estaba recollendo mexilla, caía ao mar dende terra nas proximidades do Faro do Monte Louro (entre o Faro e a primeira punta, deixando o faro á esquerda) despois de levar un golpe. 

Eran as 10:22h cando Salvamento Marítimo enviaba unha alerta a todas as embarcacións da zona, ademais de mandar ao helicóptero Pesca 1 e á embarcación Salvamar Régulus, ademais de mandar por terra ao GES de Muros, a Policía Local e Protección Civil de Muros.

Ás 10:48h a embarcación de Salvamento avisaba de que a persoa estaba a bordo, pero ás 10:58h eonfirmaba que estaba falecida.

Xa no porto de Muros, esperan á chegada do médico para certificar a morte.

Máis novas semellantes

Comentarios