venres. 09.01.2026
El tiempo

O Rumial volve invitar á veciñanza a coñecer a Vexetación Autóctona da comarca

Obradoiro de fauna e vexetacion con O Rumial por Muros
Foto dun dos obradoiro de fauna e vexetación realizados polo O Rumial
O Rumial volve invitar á veciñanza a coñecer a Vexetación Autóctona da comarca

A familia da ACDR O Rumial do Campo de Costes, en Muros, volve saír ao campo, e quere invitar a toda a veciñanza a descubrir os tesouros que agochan os montes da comarca.

O obradoiro de Vexetación Autóctona que tiñan programado para este domingo 11, queda aprazado para o domingo 25 de xaneiro de 10:00 a 14:00 hr. Comezará na Capela do Espíritu Santo cunha charla de Antón Santos e logo farase un saída para plantación de especies autóctonas polos

O obradoiro non ten límite de prazas e de balde e o único que se recomenda é iur ben cargado de entusiasmo e interese pola vexetacíon e fauna que nos rodea, para aprender a coidala e mellorar a nosa contorna.

Anton Santos con O Rumial por Muros
Antón Santos con O Rumial por Muros

Comentarios