mércores. 04.12.2024
El tiempo

A Ruta Xacobea Ría de Muros-Noia, única presenza da zona na FITUR

O Camino de Muros na Fitur
Imaxe dunha presentación da Ruta Xacobeo por parte da Ría da Estrela
A Ruta Xacobea Ría de Muros-Noia, única presenza da zona na FITUR

O ano pasado tivemos que dedicarlle ata 6 capítulos á presencia da Costa da Morte na FITUR. É certo que este ano a cousa non está como para andar de viaxes, pero sorprende ver a minúscula presenza costeira na Feira Internacional de Madrid.

Só contabilizamos a presencia do Itinerario Cultural a Santiago a Ría de Muros-Noia, que fará a presentación o vindeiro mércores 19 de maio ás 17:00 horas no pavillón número 9, nun acto conducido por Fernando Valmaseda en presenza de Gonzalo Trenor (delegado territorial da Xunta en A Coruña), Xosé Regueira (Vicepresidente da Deputación de A Coruña), Gumersindo Guinarte (Concelleiro de Turismo de Santiago), Manuel Lens (Concelleiro de Turismo de Ames) e Inés Monteagudo (Alcaldesa de Muros).

A aposta chega meses despois do recoñecemento oficial deste sendeiro de máis de 10 séculos de vida, como Ruta Xacobea por parte do Deán do Cabildo Catedralicio de Santigo.

Ademais de Regueira e Monteagudo, non faltará Jesús Picallo, promotor do Semáforo de Fisterra e do Hotel Faro Lariño, en calidade de vicepresidente do Clúster de Turismo.

Novas relacionadas

Comentarios