Luns. 14.06.2021
El tiempo

O Camiño da Ría de Muros-Noia busca apoios na administracións tras ser declarada “Ruta Xacobea”

reunión turismo camino xacobeo 2
O Camiño da Ría de Muros-Noia busca apoios na administracións tras ser declarada “Ruta Xacobea”

Van case 6 anos dende que Muros comezaba a saudar con "Bo Camiño”. Case 6 anos para conseguir que o Camiño da Ría de Muros-Noia acabase sendo declarado o pasado mes de decembro “Ruta Xacobea” polo Cabildo da Catedral de Compostela.

Coa intención de seguir promocionándoo e de atopar sinerxias coas administracións, a Asociación de Concellos do Camiño de Ría de Muros reuníase onte coa Directora de Turismo de Galicia e o director do Xacobeo. A intención é “estudar o marco de colaboración e accións concretas que se poden levar a cabo de xeito coordinada.

Os rexedores e rexedoras (entre as que se atopaba a alcaldesa de Muros) explicaron as liñas de traballo que poñendo en marcha para ver onde cadra a axuda da administración.

E de paso repasaron a historia que fundamenta a declaración, como a peregrinación de milleiros de soldados da segunda Cruzada de camiño a Terra Santa, chegando a Compostela desde Noia; a peregrinación do navegante e explorador veneciano Pietro Querini e a súa tripulación desde Muros ao sepulcro do Apostol no séc.XV; ou a Carta do home máis poderoso do mundo no séc.XVI, Carlos I, que comina ao gobernador de Galicia a liberar a cincuenta peregrinos franceses que están apresados no porto de Muros por non poder pagar o tributo que lles esixían para desembarcar e peregrinar a Compostela.

Novas relacionadas

comentarios