SORUM ensalza aos artistas da casa

08:30 19/03/13

Como xa ven sendo habitual nos últimos anos, a Asociación muradana SORUM presenta, na sala de exposicións do Muíño de marea do Pozo do Cachón (Serres-Muros), os máis recentes traballos de pintores da localidade. Un xeito de poñer en valor o talento dos propios veciños.
Con esa finalidade nace a 6ª Exposición Pictórica de Artistas Muradáns, á que foron invitados Alejandro Senande, Carmen Senande, Fernando Rei, Miguel Lamela, Montse París, Pepa Sestayo, Amalia Costa, María Álvarez e Imma García.
A inauguración oficial celebrarase o xoves santo, 28 de marzo, ás 12:00h, pero a mostra permancerá aberta a longa fin de semana.
Horarios de visita
- Xoves 28 de marzo de 2013 (Xoves Santo): Inauguración: ás 12:00 horas. Visitas: Pola mañá: De 12:00h. a 14:00h. Polo serán: De 16:00h. a 19:00h.
- Venres 29 de marzo de 2013 (Venres Santo) Pola mañá: De 11:00h. a 14:00h. Polo serán: De 16:00h. a 19:00h.
- Sábado 30 de marzo de 2013 (Sábado Santo): Pola mañá: De 11:00h. a 14:00h. Pola tarde: De 16:00h. a 19:00h.
- Domingo, 31 de marzo de 2013: Pola mañá: De 11:00h. a 13:00h.
Novas relacionadas
- O auditorio de Muros quedou pequeno para a Gala dos Premios SORUM.
- A Asociación Sorum renova a directiva e xa pensa no Torneo de Fútbol muradán.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).