Mércores. 30.11.2022
El tiempo

SORUM premia ás figuras máis destacadas do ano en Muros

SORUM premia ás figuras máis destacadas do ano en Muros

Este pasado sábado (24/09/2011), a Asociación SORUM para a promoción da Vila de Muros fixo entrega dos Premios SORUM 2011, nun abarrotado Auditorio da Casa da Cultura de Muros. Uns premios que tratan de agradecer a labor en prol do patrimonio cultural do concello de calquera persoa ou entidade.

A Gala percorreu a actualidade da vila muradá con humor, da man do seu presentador, o actor esteirán Víctor Fábregas. Ademais, as intervencións de Cristina Pedrosa e o seu irmá Juan Francisco foron moi variadas. Houbo música, por suposto, e a recollida de premios os músicos Fernando e Juanma con instrumentos de corta, vento e piano. O primeiro, tamén, interpretou dúas cancións.
Ademais, nos momentos previos ao comezo así como á finalización do acto, no exterior da Casa da Cultura, o grupo de gaitas Faltriqueira de Muros acompañou aos asistentes interpretando algunha das súas composicións.

Galardoados cos Premios SORUM 2011

Manuel Lozano Pérez levou o premio máis importante, o Premio SORUM 2011 á promoción da Vila de Muros, polo excelente traballo de promoción de Muros na súa web , que pode considerarse como a páxina de referencia de Muros en www.murosdesanpedro.com. Fixo entrega do premio Domingo Guerra, Presidente da Asociación.

Pola súa banda David Lariño Nietorecibiu o Premio SORUM ao deporte 2011. O Campión de España de Xadrez en diversas categorías; en 2008, campión absoluto, e por ostentar o título de Mestre Internacional. Entregou o premio Eleuterio Balayo, Primeiro Presidente do Muros, SD.

O Premio SORUM á labor cultural 2011 recaeu en Santiago Fdez. Fdez., pola súa relevante traxectoria como actor e director teatral; de cine e de televisión, así como polo seu excelente traballo como actor de dobraxe de diferentes medios; e pola súa destacada actividade como escritor. Entregoulle o galardón Marceli García, poeta e escritor, recentemente honrado coa Medalla de Muros.

Juan Alfonso Rey Echeverri recibiu o Premio SORUM honorífico 2011, como mostra de afecto, polos duros momentos que pasou mentres estivo secuestrado polos piratas Somalís. O premio foi entregado por MANUEL J. FORMOSO, Vice-canciller do Arcebispado de Santiago de Compostela.

E por último e a título póstumo, a entidade muradá quixo entrega o Premio SORUM 2011 a Xosé Luís Vara Oliveira, pola súa traxectoria profesional, primeiro como xogador do Deportivo da Coruña, do Betis, etcétera. E pola súa labor como entrenador de fútbol nos equipos do Arteixo, Bergantiños, Racing de Ferrol e Cerceda, entre outros.
Foi a súa muller María Mallo a que recolleu o premio a mans de José Luís Martínez (Pitís), ex futbolista do Muros S.D. nun dos momentos máis emotivos da gala.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Asociación SORUM.

comentarios