Venres. 26.04.2024
El tiempo

Miguelanxo Lamela expón, en casa, as súas obras

Miguelanxo Lamela expón, en casa, as súas obras

Miguelanxo Lamela, veciño de Lira, achñeganos á pintura cunha exposición de óleos, tinta e carboncillo. As súas obras xa están na Casa Consistorial de Carnota, formando unha exposición que estará aberta todo o mes.

Miguelanxo é nado en Lira, concello de Carnota, afeccionado á pintura dende pequeno, xa na EXB obtivo premios en concursos intercentros. Cursou estudos na escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago, onde foi nomeado. Coñecedor de tódalas técnicas ten traballado en rotulacións, vallas, decorados ou murais.

O mais coñecido é o que plasmou no centro Alcampo de Palavea, na Coruña, de 120mts. x 4 de altura no que se podía contemplar representacións do porto coruñes, a Torre de Hércules, a praza de Maria Pita, entre outros lugares. Traballa moito por encargos en obras ao óleo ou carbonciño, especialmente retratos.

Hai obras suas en coleccións particulares de cidades coma Bos Aires, Caracas, Madrid, Bilbao ou A Coruña. Preparou tamen os decorados da montaxe do "Joven Vallet de A Coruña" V homenaje. Día internacional de la Danza, que se celebrou no Pazo de Congresos da Coruña en1995.

Da sua obra teñen aparecdido reseñas en diversos medios de comunicación e en revistas coma Ágora ou Esculca. Ten feito exposicións en varias semans culturais, en pubs e en concellos como Carnota, Carballo, Culleredo (Aula da Natureza Juan Lembeye, xardín botánico do Burgo), e exposicións conxuntas coma a "Feito en Culleredo" nos muiños de Acea da Ma e a de "Artistas Muradans" da asociación SORUM como artista combidado no Pozo do Cachón Muros.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Carnota.

Comentarios