O temporal derrruba parte da igrexa de San Pedro de Muros
Ata o mediodía non pararon de atender incidencias, por mor das enchentas dos ríos, coincidindo ademais coa marea alta, anegando completamente as redes de saneamento.
As cifras así o recoñecen. Ao longo do día de onte a estación de Fontecada (Santa Comba) era a que máis auga recibía de toda Galicia, con 94,3 L/M2 (hoxe rondan os 62), entrando tamén Vimianzo entre as 5 primeiras con 76,8 L/m2 acompañados de refachos de vento de máis de 104 km/h.
A vila muradá xa sufríu as consecuencias do temporal de vento da semana pasada.
Segundo Meteogalicia, seguirá chovendo forte durante a xornada do domingo, pero é probable que o luns e martes mingüe o temporal.
Enchentas do Anllóns
Ademais, o temporal de auga deixou estampas do río Anllóns espectaculares, como esta imaxe da ponte da Garga, no mesmo lugar de Anllóns (Ponteceso).
A fervenza do Ézaro no seu esplendor
Estas datas deixan imaxes marabillosas tamén, como a fervenza do Ézaro a tope.