Mércores. 16.10.2019
El tiempo

Terbutalina, no panorama bizarro da música galega dagora

Terbutalina, no panorama bizarro da música galega dagora

Xa está na rede o Galician Bizarre II, un proxecto feito entre diferentes bandas galegas que busca financiamento por medio de crowdfunding ou micropatrocinio, como fixeran os Cempés e a campaña Vitaminas para o galego.

A segunda entrega galega bizarra contará con 18 cancións inéditas compostas e interpretadas por 18 grupos galegos. E unha desas bandas, que ademais tamén estarán no Festival pola lingua de Vitaminas o vindeiro 27 de abril, son os muradáns Terbutalina. Tamén forman parte do disco QVEK, unha aposta de Carlos Abeijón que chega dende Louro pasando por Londres.

Micromecenas

E só será posible adquirir o disco e participar no proxecto ata o 14 de maio, facendo realidade o financiamento coletivo deste compilatorio musical galego ideado polos propios artistas a través de microaxudas na Plataforma Verkami.

Así, a través de verkami poderaste facer cun das 525 copias en vinilo de 12” que se están a editar.

Que bandas participarán nesta edición?

A segunda entrega do compilatorio Galician Bizarre e unha das súas características diferenciais con respecto á primeira é que non recunca ningunha das bandas que participaron no primeiro disco de 2010. Os grupos participantes no Galician Bizarre II cunha canción inédita cada un serán: Alarido Mongólico (A Coruña / Ferrol), Carrero Bianco (Ferrol), Christ Divides (Vigo), Fantasmage (Vigo), Fluzo (Compostela), Lobishome (Montalvo), Los Televisores (Poio / Chantada), Los Thyssen (O Grobe), Mano De Obra (A Coruña), Mullet (Lugo), Pastillas Mamut (Lugo), QVEK (Louro / Londres), Sr. Anido (Milladoiro), Terbutalina (Ventín / Esteiro / Muíño do Vento), Tetra & Freek (Compostela), Tora Tora Tora! (Pontevedra), Trajano! (Dodro / Madrid) e Wild Balbina (Vigo).

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios