Un coche “afogado” en Muros

02:21 20/04/19
Esta tarde de venres tivo lugar un suceso bastante ridículo no porto de Muros. Uns turistas confiáronse demasiado ca marea e aparcaron na rampa do peirao bastante abaixo. Non fixeron caso das advertencias dos veciños e cando se decataron o seu vehículo fora alcanzado pola marea.
Tiveron que agardar a que baixase de novo a marea para recuperalo cun guindastre.