Un mapa cartográfico do sur da Costa da Morte de 1696


Recuperamos hoxe da man de Manuel Caamaño, que non hai pouco nos contaba fantásticas historias cheas de salitre, e do activísimo Grupo de Facebook I love Muros, este tesouro. Xa temos estado por Muros analizando un Plano do castelo de 1757.
Hoxe imos se cadra un pouco máis atrás para descubrir este mapa cartográfico nada menos que do 1696. O mapa leva por título "Regno di Galicia" e o seu autor foi Giacomo Cantelli da Vignola.
O máis interesante do mesmo son eses nomes recoñecibles que aparecen no mapa. Lauro, Ouessero, Gegua, Docon, Las Bereres, Cea, Barcola, Pueda Massida o Puente Macyras, Monglefa e Muros como Artabrorum Portus... Carlos Regueira recoñece "Courbion (Corcubión), Cea (Cee), Nehemina (Nemiña, Muxía), Bacariza (lugar de Berdeogas, Dumbría), Ouessero (O Ézaro, Dumbría), Saas (Zas), Lamas (lugar de Zas, ao lado de Baio), Barcala (Negreira) e P. Macyras (Ponte Maceira, Negreira), Noja e o R.Tambre".
Un tesouro.
Novas relacionadas
- Unha visión antiga á Ría de Corcubión.
- Plano do castelo de Muros realizado en Corcubión no ano 1757.
- Un Mapa Topográfico da vila de Corcubión de 1920.
- Un mapa da ría de Corcubión de 1754.
- Carta Marina: "La Baye de Corcubión".
- Tesouro da Fundación: Mapa de Galicia do 1909.
As Aberturas de Manuel Vilar
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).