sábado. 01.11.2025
El tiempo

O Concello de Muros presenta a súa programación polo 25N “para advertir do risco de dar pasos cara atrás”

As concelleiras de Muros Elvira Núñe e Maruxa Martínez
As concelleiras de Muros Elvira Núñez e Maruxa Martínez
O Concello de Muros presenta a súa programación polo 25N “para advertir do risco de dar pasos cara atrás”

O Concello de Muros presentou onte a súa programación polo 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, con diferentes actividades para públicos de todas as idades.

“Un mes para concienciar e dicir ben alto que non podemos dar pasos cara atrás”, afirma Maruxa Martínez, concelleira de Igualdade de Muros, que hoxe presentou a programación con Elvira Núñez, asesora xurídica do Centro de Información á Muller (CIM) de Muros. “Vemos con preocupación os datos que confirman un aumento das denuncias por violencia machista, especialmente na xente máis nova”, engade Martínez.

Na mesma liña fala a alcaldesa de Muros, María Lago, que advirte “das voces que restan importancia a unha lacra social como é a violencia machista, que require unidade de acción de toda a sociedade”.

A programación comeza o 9 de novembro cun obradoiro de defensa persoal feminina, mentres que o 18 chegará a presentación do libro ‘As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo 1885-1936', con Carmen V. Valiña.

As actividades coa comunidade educativa terán un especial protagonismo, coa charla teatralizada 'A violencia nos videoxogos', para o alumnado do IES Fontexería e o IES As Insuas, e a charla ‘Desconecta a violencia: o perigo está en liña’, en colaboración con Adisbismur para o alumnado do IES As Insuas.

O 25N instalarase no Curro da Praza un punto de sensibilización, en colaboración con Adisbismur e a Deputación da Coruña, e haberá unha concentración ás 12:00 horas.

Para pechar a programación, unha nova edición do Café Feminista o 29 de novembro no local de Agrovello, Tal, co tema ‘A violencia psicolóxica’. Contará coa intervención de Aurea Brea.

Programa 25N copia

Comentarios