Un novo Ralli Fotográfico para coñecer ao Espíritu Santo de Muros
Non paran os membros da Asociación "O Rumial" do Campo das Cortes, en Muros, e xa teñen armadas novas actividades. Nesta ocasión, durante o mes de agosto están a desenvolver o Curso de Perfeccionamento en Fotografía Dixital, como complemento ao de Iniciación celebrado o pasado verán e impartido tamán por Mino Andrade.
E que mellor broche final a este curso vamos que poñer os coñecementos en práctica no “II Ralli Fotográfico Espíritu Santo - Campo de Cortes”, que terá lugar o vindeiro domingo 31 de agosto. Se o ano pasado buscaban os detalles do casco vello, este 2014 o Rallie ten como tema a "Ruta de Sendeirismo Espiritu Santo-Jallambau”.
Así, ao remate, exporanse as fotografías realizadas no Pozo do Cachón durante todo o sábado 20 de setembro e realizando a entrega de premios as 20:30h cando remate a exposición dos traballos.
Máis información e inscrición
Este Rallie esta aberto a calquer persona queira participar, aínda que no asistisen o curso. Hai 4 categorías: de 0 a 14 anos; Compacta; Réflex ou Mellor Serie.
Poden enviar un correo a [email protected] cos nomes e apelidos e a categoría na que vai participar.
Novas relacionadas
- A Pedestre do Espírito Santo abriu un mes de Carreiras pola Costa.
- 2013: Unha viaxe por Muros a través dos obxectivos dos gañadores do Rali Fotográfico.
- 2013: 43 fotógrafos descubriron os detalles de Muros no Rali do Espírito Santo.
- Os novos sucesores de Ramón Caamaño teñen obxectivo da Costa.
- Costa da Morte: un espazo de rali… fotográfico.
- Fotocolaboradores QPC: “Dende o seu punto de vista”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota da ACRDM O Rumial.