Venres. 23.08.2019
El tiempo

Un Seminario recuperou a memoria dos campos de concentración de Muros

Un Seminario recuperou a memoria dos campos de concentración de Muros

Pasaron por Muros os participantes do III Seminario sobre a Memoria celebrado entre Melide e Rianxo, da man dos Departamentos de Ciencias do IES Felix Murial de Rianxo e do IES Melide, e coordinado polo Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega.
Un seminario que partía do lema "Xogar ás torturas" e que realizou un completo paseo polos campos de concentración da zona. Un xeito de "recuperar un feito histórico moitas veces descoñecido e, outras, declaradamente ignorado", que procura que "as institucións públicas recoñezan plenamente os feitos relacionados coa represión franquista".

Unha das visitas era Muros, e os "alumnos" visitaron os lugares onde estiveron instalados dous campos de concentración. Os visistantes achegáronse ata a zona de San Pedro, onde foi instalado este campo de concentración que temos rescatado da hemeroteca da Asturias Republicana.

novas relacionadas

Fonte

Comentarios